Mércores. 08.05.2024
El tiempo

O Concello de Carballo coordinará a recollida de pellets dos areais

  • Desde o Concello de Carballo fan un chamamento á cidadanía para que "en ningún caso se realicen limpezas espontáneas".
  • ADEGA coordinará as primeiras xornadas formativas para a recollida en Carballo, Fisterra e Muros
Pellets de Plastico en Razo-Carballo
Presenza de pellets en Razo
O Concello de Carballo coordinará a recollida de pellets dos areais

Tamén os areais de Bergantiños, como os de Laxe, Malpica, e Carballo, están infectados de pellets de resina. 

Por Carballo, o Concello despois de comprobar a presenza de pellets en Pedra do Sal e Razo, quere coordinar as recollidas e pide que "en ningún caso se realicen limpezas espontáneas". 

miguel vales e piti praia de Razo
Os concelleiros Miguel Vales, Luis Lamas e Daniel Pérez no areal de Razo

Se ben recoñece que non hai indicacións por parte das Administracións competentes en materia medioambiental, o Concello está mantendo contactos coa empresa concesionaria de limpeza de praias e coa entidade medioambiental ADEGA para poder articular un sistema de recollida.

Así, en primeiro lugar, realizarán unha acción formativa para as persoas que coordinarán a recollida, coa finalidade de facelo do xeito axeitado para evitar posibles afeccións ao ecosistema. Explican que os pellets, aínda que unha vez tratado non representa ningún perigo, no seu estado orixinal é tóxico, polo que a recollida debe realizarse coas debidas medidas de protección. Así mesmo, é importante non pisar as zonas nas que se localizan os pellets para evitar que queden soterrados baixo a area, o que dificultaría aínda máis o xa de por si complicado traballo de limpeza debido ao seu pequeno tamaño.

XORNADAS FORMATIVAS

Así, as primeiras xornadas formativas na recollida segura de pellets coordinadas por ADEGA realizaranse este mércores, 10 de xaneiro, a partir das 15:00h, en Carballo, Fisterra, Muros, Noia e Porto do Son.

Ofrecerán un protocolo de limpeza e as indicacións necesarias para evitar un impacto ambiental negativo e riscos para a saúde. As xornadas teñen seguro de accidentes e proporcionarán o material necesario para actuar con todas as medidas de seguridade.

Podes pedir información e inscribirte neste formulario online.

 

Novas da crise dos Pellets

Comentarios