Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Marea cidadá para limpar os microplásticos ante a inacción e a propaganda da Xunta

Pellets microplasticos Quilmas
Foto recollida en Quilmas por Chucho Caramés
Marea cidadá para limpar os microplásticos ante a inacción e a propaganda da Xunta

Espectacular a resposta da cidadanía esta semana de Reis ante a marea de microplásticos que están invadindo os nosos areais. Limpezas autoorganizadas por colectivos sociais, políticos ou veciñais; comunicados de plataformas ou mensaxes virais de persoas influíntes como o da artesá María de Dina ou Rogrlio Santos Queiruga, demostran que a sociedade está moito máis concienciada que hai 4 anos, cando o litoral sufríu unha catástrofe semellante pero apenas fomos uns cantos medios os que o denunciamos.

Mentres, a marea contaminante que comezaba a aparecer a mediados de mes por Ribeira, comezaba a notarse en Porto do Son, e esta semana xa se viu primeiro en Carnota-Muros e dende antonte por Fisterra, Corcubión, Muxía, Camariñas ou ata Laxe e Malpica (nas praias de Beo, Barizo e as Torradas). Todo parte do pasado 8 de decembro, cando o buque “Tucana”, de bandeira dos Países Baixos, perdeu 6 contedores á altura de Viana do Castelo. Un deses contedores, da empresa Bedeko Europe, contiña millares de sacos, de 25 kg cada un, cheos de millóns pellets de plástico, que se veñen esparexendo polas costas galegas. Estas bolas de 5 mm de diámetro utilízanse para a fabricación de todo tipo de produtos, mais o seu reducido tamaño fai que sexan moi complicada a súa recollida unha vez que se misturan coa area.

Pellets microplasticos Quilmas 12

Inacción e Propaganda da Xunta

A situación agrávase ante a inacción da Xunta, que se dedica a utilizar os seus medios de comunicación para dar a sensación que está intentando facer algo, intentando “coordinar”, cando o único contacto que teñen recibido os Concellos a día de hoxe é un correo da Xunta no que lle piden que recollan os sacos enteiros de pellets.

Pero a realidade é moi grave, como denunciaba onte a propia alcaldesa de Muros, que lamentaba que os únicos operarios que pasaror Muros, e que chegaron a Area Maior, coincidindo curiosamente coa visita de Ana Pontón, despois de dicirlle á rexedora que só ían recoller sacos enteiros, se puxero 10 minutos ante as cámaras da TVG a recoller pellets a man… Marchou a cámara, marcharon os operarios…

Limpezas

A sociedade estase mobilizando para limpar. Así acontecía onte en Fisterra, onde o BNG convocaba unha pequena limpeza en Mar de Fóra para o complicadísimo desafío de recoller eses microplásticos.

ADEGA está preparando unha serie de limpezas polo litoral, solicitando a colaboración de voluntarios.

Hoxe domingo 7 de xaneiro hai limpeza convocada polo BNG de Muxía na praia de Nemiña.

Tamén hoxe domingo 7 de xaneiro, o veciño Javier Boquete convoca unha limpeza para as 16:00h na praia de Lariño./p>

O Concello de Camariñas porá en marcha este luns, 8 de xaneiro, un dispositivo de limpeza de praias.

O Concello de Malpica asegura que procederá á retirada dos pellets de plástico nos vindeiros días.
Limpeza pellets Fisterra
Imaxe da limpeza de onte en Fisterra

Comunicados

Son varios os comunicados que nos chegan dende partidos políticos como Podemos Laxe, que lembra que “No queremos que se repita otro desastre ecológico, por eso repetimos nuevamente NUNCA MÁIS”. Ou tamén recollemos outros relatos.

Comunicado de Boca de Sapo, Corcubión

Desde a asociación Boca de Sapo Comunidade ecosocial e cultural “queremos facer un chamamento para exixir ás administracións competentes que tomen xa as medidas necesarias para recoller urxentemente a vertedura de pellets que está a contaminar a nosa costa e que haxa información veraz, pormenorizada e a tempo real”.
”Lamentamos enormemente e queremos denunciar que sempre que se da unha situación deste tipo teñámonos que ver "vendidos" ante a lentitude e a inación de plans para activar as medidas adecuadas por parte das administracións con competencias nas nosas costas. Non queremos vivir un "Pelletstrige””.

Comunicado do Concello de Corcubión

”Esta vila non recibiu da Xunta de Galicia, ata o pasado xoves día 4 de Xaneiro, ningún tipo de comunicación oficial sobre a perda de seis contedores procedentes do buque mercante polaco "Tocanao" nas costas portuguesas de Viana do Castelo, feito que aconteceu o pasado 8 de decembro de 2023. Un deses contenedores contiña un cargamento de sacos de pellets de plástico. Precisamente foi na pasada tarde deste venres 5 de Xaneiro cando o Servizo de Protección Civil do Concello recibiu unha chamada de urxencia do 112 na que se advertía da aparición dun saco que contiña pellets de plástico na costa corcubionesa. O material foi debidamente recollido polo devandito Servizo e actualmente atópase en custodia nas instalacións municipais”.

“O vindeiro Luns, 8 de Xaneiro está programada neste Concello unha reunión extraordinaria onde se analizará a magnitude da situación para definir, si cabe, os protocolos e medidas oportunas. Por todo o exposto, reclamamos á Xunta de Galiza e ao Estado Español que coordinen medidas urxentes asumindo a responsabilidade que lles corresponde para eliminar do noso litoral todo este material nocivo para a nosa saúde, evitando dese xeito que se integre nos ecosistemas mariños e na cadea trófica da fauna do noso litoral”.

Comunicado da Plataforma BerXallas, Santa Comba

A Plataforma BerXallas “denuncia a inacción pola parte da Xunta de Galicia neste caso de contaminación tan grave do noso litoral. Tanto o Presidente Rueda coma o conselleiro non reaccionaron a tempo diante desta catástrofe e non son capaces de xestionar a situación. A Xunta e o goberno central deben pór os medios suficientes para evitar que acontezan estas catástrofes e no caso de producirse buscar solucións axeitadas para recuperar os espazos afectados”-

NOVAS da Marea de pellets

​Sucesos semellantes

ARTIGOS RELACIONADOS

Comentarios