Sábado. 27.07.2024
El tiempo

Concello de Carballo, Deputación e Un paso máis organizan a primeira xornada informativa sobre TEA

Xornada formativa TEA Carballo
Concello de Carballo, Deputación e Un paso máis organizan a primeira xornada informativa sobre TEA

Xa está en marcha a I Xornada formativa “A inclusión socioeducativa”, co-organizada polo Concello de Carballo, a Deputación da Coruña e Un paso máis, que se celebrará o 25 deste mes no Fórum. Unha cita para sensibilizar á poboación sobre a importancia da inclusión social educativa das persoas con TEA

A presidenta da asociación Un paso máis, Banesa Martínez Rodríguez, destacou a importancia de ofrecer información ás familias, pero tamén aos docentes, “por que os nenos pasan moito tempo na aula, e tanto para eles coma para os mestres é importante que o pasen o mellor posible”. Na presentación participou unha ampla representación da xunta directiva de Un paso máis, que está integrada tamén por Eva Arán Fernánez, secretaria; Lorena Botana Blanco, tesoureira, e os vogais Adrián Monteseirín Suárez, Vanesa Cabeza Bello e Valentín Costa Trillo.

Dende o Concello aseguraron que para facilitar que á xornada poidan asistir tanto pais coma nais, pon a disposición das familias un servizo de canguraxe. As
interesadas deben facelo constar na inscrición, xa que hai un mínimo de 10 prazas.

Evencio Ferrero, subliñou a importancia da existencia de entidades como Un paso máis “para seguir facendo Carballo”.

PROGRAMA

  • 09:30 - 10:00 Recepción e benvida
  • 10:00 - 10:30 Acto inaugural: Evencio Ferrero (Alcalde de Carballo), Ricardo García Mira (Catedrático de Psicología Social en la Universidade da Coruña), María Mar Eirís Villar (Concelleira de Educación) e Banesa Martínez Rodríguez (Presidenta da Agrupación Deportiva Un Paso Mais).
  • 10:30 - 11:30 Vivenciando o Trastorno do Espectro do Autismo. Marcos Pinaque (mestre de educación primaria e doutor en equidade e innovación educativa)
  • 11:30 - 12:00 Descanso para o café
  • 12:00 - 13:30 Mesa redonda: comprendendo o TEA
  • Isabel García García (logopeda, mestra A.L. e doutoranda especialista en TEA), Laura García Fernández (orientadora escolar), Ysaura Rodicio Orea (psicóloga especialista en equinoterapia) e Valentín Costa Trillo (familiar e membro de Un Paso Máis)
  • 16:00 - 17:30 Talleres e seminarios (escoller 1 de 4)
  • - Autonomía no contexto escolar e familiar (Sara Grela. Psicóloga especialista en TEA)
  • - Deseño e adaptación de materiais. (Laura García.Orientadora escolar)
  • - Taller de familias. (Isabel García. Logopeda e mestra de A. L. e doutoranda)
  • - Inclusión na aula ordinaria. (Marcos Pinaque. Mestre de educación primaria)
  • - Ocio inclusivo (Asociación Un Paso Máis)
  • 18:00 - 19:30 Talleres e seminarios (escoller 1 de 4)
  • - Autonomía no contexto escolar e familiar (Sara Grela. Psicóloga especialista en TEA)
  • - Deseño e adaptación de materiais. (Laura García.Orientadora escolar)
  • - Taller de familias. (Isabel García. Logopeda, mestra de A. L. e doutoranda)
  • - Inclusión na aula ordinaria. (Marcos Pinaque. Mestre de educación primaria)
  • - Ocio inclusivo (Asociación Un Paso Máis)
  • 19:45 - 20:15 Acto de clausura: Proxección dun vídeo turístico de Carballo, Xosé Regueira Varela (Vicepresidente Diputación A Coruña), María Carmen
  • Ures García (Concelleira de Servicios Sociais, Igualdade e Sanidade) e Eva Arán Fernández (Secretaria da Agrupación Un Paso Mais)

INSCRICIÓNS

Ata o 20 de maio no teléfono 689 315 690, no correo electrónico [email protected] ou neste formulario.

Comentarios