Luns. 29.04.2024
El tiempo

O Concello de Carballo recupera, paseniño, a normalidade tralo ciberataque

Casa do Concello de Carballo 2
O Concello de Carballo recupera, paseniño, a normalidade tralo ciberataque

Este xoves empezaron a funcionar algunhas aplicacións do servizo administrativo do Concello de Carballo despois do ciberataque sufrido na madrugada do martes ao mércores. O padrón de habitantes e o rexistro municipal xa puideron funcionar pero a meirande das accións administrativas non se puideron realizar. O Concello espera que "ao longo da vindeira semana poida empezar a recuperarse a normalidade". 

Os expertos despregados pola Axencia de modernización tecnolóxica de Galicia (Amtega) e as empresas que prestan apoio informático ao Concello de Carballo, nomeadamente Altia, "traballan arredo para que a volta a normalidade se realice coa máxima seguridade", explican dende o Concello, que tamén explica que mantivo dúas reunións de traballo con responsables formulando a posibilidade de establecer un sistema provisional.

Xa estiveron revisando se os terminais situados no Forum, no Pazo da Cultura, no Museo de Bergantiños ou en Carballo Deporte están ou non afectados, para volver conectalos en rede. Ademais, a copia de seguridade non resultou afectada.

Investigación

De xeito paralelo continúa a investigación por parte da unidade orgánica da Policía Xudicial da Garda Civil da Coruña sobre o ataque cibernético. 

Comentarios