luns. 11.11.2024
El tiempo

A Costa da Morte moi presente no Forum Gastronómic de Barcelona

Carballo, Muros e Vimianzo lideran a presencia costeira, da man da Deputación, na feira gastronómica máis importante do estado
SHOWCOOKING ROCÍO MARTÍNEZ no Forum Gastronomic
Showcooking de Rocío Martínez no Forum
A Costa da Morte moi presente no Forum Gastronómic de Barcelona

Despois de visitar Barcelona da man da cociñeira Sandra Varela, volvemos á capital gastronómica do estado, como o refrenda o desenvolvendo do prestixioso Fórum Gastronómic durante esta semana.

Volve ser a Deputación da Coruña a que leve a nosa cociña poñendo en valor a calidade do produto e a profesionalidade de cociñeiros e cociñeiras da provincia. E como non podía ser doutro xeito, a Costa da Morte está presente, de norte a sur, con dous cociñeiros de Carballo e Muros, e a riqueza da Bica de Vimianzo.

XOSÉ REGUEIRA FORUM copia
Xosé Regueira

O stand provincial xa acollía onte as primeiras degustacións e showcookings. Foi Xosé Regueira, o carballés é o responsable da área de Turismo, o encargado de abrir as portas da provincia destacando que a presencia no Forum representa “un compromiso co territorio, nomeadamante cos produtores e produtoras, e amosa unha cociña slow, de kilómetro cero e baseada na economía circular”. Fixo fincapé ademais en que programa quere destacar que somos “unha cociña slow, de kilómetro cero e baseada na economía circular”.

De primeiras os visitantes puideron degustar a Bica e as Pedras do Castelo, dous pratos típicos de Vimianzo, sempre presente nestas feiras, que ademais serven para maridar gastronomía con cultura, historia e patrimonio.

Bica de Vimianzo no Forum

Probando Bica de Vimianzo no Forum Gastronomic
Probando Bica de Vimianzo no Forum Gastronomic

A media tarde, Rocío Martínez, do restaurante carballés Pementa Rosa tomou os fogóns cunha degustación denominada “Cociña de proximidade, Carballo como punto de recepción de materias primas de kilómetro cero”. Durante o seu showcooking, Martínez aproveitou para situar a Costa da Morte, as lonxas de Malpica e Laxe e a feira de Carballo como puntos estratéxicos na venda de produtos propios da comarca de Bergantiños, entre os que sinalou a pataca fina de Carballo, os grelos e as fabas de Cabana.
En relación a estes produtos, elaborou unha receita de xurelo curado en auga de mar con ceboliñas encurtidas e figos de tempada, e outra de polbo con pataca fina de Carballo, grelos e fabas.

SHOWCOOKING ROCÍO MARTÍNEZ con Xose Regueira
Rocío Martínez en pleno showcooking acompañado de Xosé Regueira

Máis Costa

Aínda quedamos pendentes da participación do cociñeiro Pepe Senande, do Restaurante A Muradana de Muros, que realizazará a súa actuación o mércores ás 12:00h.

Novas relacionadas

Comentarios