Sábado. 05.10.2024
El tiempo

3 cociñeir@s costeiros levan a nosa gastronomía a Cataluña

  • Sandra Varela participou en Barcelona nas Red Chef 2030
  • Rocío Martínez do Pementa Rosa e Pepe Senande da Muradana, representarán a Galicia no Fórum Gastronómico de Barcelona
Sandra Varela na Red Chef 2030
Sandra Varela, cociñeira do CEIP Os Miúdos, participou no evento da Red Chef 2030 en Barcelona
3 cociñeir@s costeiros levan a nosa gastronomía a Cataluña

Ao longo destes días a gastronomía costeira estase gañando espazo en todo o estado gracias a varias cociñeir@s costeiras. Por un lado, a pontecesá Sandra Varela estivo durante esta fin de semana en Barcelona participando activamente no encontro da #RedChef2030. Polo outro, Rocío Martínez do restaurante Pementa Rosa de Carballo; e Pepe da Muradana de Muros representarán á Deputación da Coruña estes días Fórum Gastronómico da capital catalá.

Sandra na Red Chef

Red Chef 2030 en Barcelona

A cociñeira do CEIP Os Muíños, unha das grandes valedores da cociña de proximidade nos centros de ensino no rural, que trata de espallar a súa experiencia de cociña saudable nos comedores escolares coa posta en común cos produtores locais estivo en Barcelona. Foi no marco dunhas xornadas de traballo da Rede Chef 2030, colectivo do que forma parte dende hai uns meses.

Unhas xornadas no marco da Semana na Capital Mundial da Alimentación de Barcelona, de cheas de ilusión e profesionalidade, tratando de convertir a súa profesión nun hobbie, aprendendo e mellorando. A idea foi presentar un menú ecolóxico degustación para 200 persoas con produto todo local.

Sandra convírtese xa en asesora da rede en caso de que algunha entidade galega ou da Costa da Morte queira entrar na rede. E de feito, este mércores ás 17:00h no Centro Sociocultural de Baio continúa en marcha o proxecto dos Ecocomedores da Costa da Morte a través do GDR cunhas novas “Xornadas de promoción e sensibilización, menús de temporada calor para comedores saudables e sostibles con circuitos curtos de comercialización”. Hai case unha decena de centros e media ducia de produtores confirmados e dende o grupo esperan maior implicación.

A Costa no Forum

Pepe Senande e Rocio Martinez

Da man da área de Turismo da Deputación da Coruña, a Costa estará presente esta semana entre o luns 18 e o mércores 20, no Fórum Gastronómico de Barcelona cun ambicioso programa de showcookings da man de cociñeiros e cociñeiras representativas dos xeodestinos turísticos da provincia.
“Fóra de Galiza ninguén dubida que temos un produto e unha materia prima culinaria de primeirísima calidade pero o nivel da restauración galega aínda non está tan consolidado fóra das nosas fronteiras, e precisamente o marco que ofrece o Fórum para difundir esta faceta é un dos máis acaídos” asegura o vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira.

Rocío Martínez, do Restaurante Pement Rosa de Carballo estará o luns ñas 18:00h co seu showcooking “Cociña de proximidade. Carballo como punto de recepción de materias primas de kilómetro cero”. Pola súa parte, Pepe Senande do Restaurante A Muradana de Muros fará o propio o mércores ás 12:00h.

Tamén hai produtos de Vimianzo.

Novas relacionadas

Comentarios