Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O CRA Ponte da Pedra sumérxese nun Museo Virtual da Fundación María José Jove

Proxecto Fundacion Jove
Imaxe da edición do ano pasado
O CRA Ponte da Pedra sumérxese nun Museo Virtual da Fundación María José Jove

O CRA Ponte da Pedra (Carballo) é unha das 8 escolas de toda Galicia seleccionada pola Fundación María José Jove para a II edición de “O MUV na escola rural”, o primeiro museo 100% virtual de España. Un programa co que a entidade quere fomentar a accesibilidade á cultura e, especialmente, ao arte contemporáneo, dos menores do rural galego.

Deste xeito, os 113 peques das Escola de Xoane, Cances, Sísamo, Verdillo, Rega, Mirón e Artes formarán parte deste Museo Virtual (MUV), nun prograna que “contribúe a eliminar algún dos obstáculos aos que estes centros se enfrontan día a día.

A Fundación escolleu o grupo de escolas carballesas polo seu “traballo centrado na experimentación, manipulación e o contacto coa natureza”, ademais da “colaboración e participación da comunidade educativa en cada iniciativa, actividade ou proposta que parte desde o centro”.

“O MUV na escola rural” desenvolverase de novembro a xuño de 2023 e estará en cada escola 3 semanas, durante as cuales alumnado e docentes poderán visitaro/visitáro e implementar os recursos creados durante a formación. Para levaro a cabo, a Fundación habilitará no centro educativo un espazo con computador e lentes de realidade virtual que permita experimentar coas novas tecnoloxías nas aulas a través de accións culturais interactivas; potenciar o pensamento artístico no alumnado como vehículo de relación; e utilizar as prácticas artísticas como ferramentas transversais nos centros educativos.

Os materiais didácticos xerados así como algúns dos resultados da experiencia nos centros educativos serán recollidos nunha publicación dixital que estará dispoñible na web do museo: https://muv.fmjj.org/.

Familia das Escola de Cances:

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

A post shared by @apequenatribu

Xunto a ela estará tamén o o CEIP Plurilingüe Concepción López Rey (Baleira. A Fonsagrada), o CEIP Plurilingüe Monte Baliño (Ferreira de Pantón); o CRA Plurilingüe de Vilaboa, o CEIP Xoaquín Loriga (Prado, Lalín), o CEIP Plurilingüe dous Brancos (Os Brancos) e o CEIP Castrelo De Miño.

Comentarios