Mércores. 16.10.2024
El tiempo

A creatividade local segue enchendo de cor Carballo nunha nova edición do “Derrubando Muros con Pintura”

Derrubando Muros con Pintura 2021
As catro artistas invitadas participaron na presentación desta edición estival de Derrubando Muros con Pintura xunto co alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Regueira; a concelleira de Mocidade, Maruxa Suárez, responsables das dúas áreas que participan na organización.
A creatividade local segue enchendo de cor Carballo nunha nova edición do “Derrubando Muros con Pintura”

Presentou onte o Concello de Carballo a nova edición estival do proxecto Derrubando muros con pintura. Un proxecto que está convertindo dende 2013 a vila nun museo a ceo aberto, e que este verán terá 4 novos edificios convertidos en lenzos. Catro artistas intervirán noutros tantos espazos urbanos do 12 ao 22 de agosto, nunha edición na que tamén haberá obradoiros, faladoiros e música.

As artistas invitadas, todas da vila menores de 25 anos, son Isa Bermúdez, Nere Rama, Nazaret e Tucho. Irán pintando na rúa Xasmíns, na traseira da Ludoteca Municipal, na rúa Igrexa (zona do aparcamento do San Martiño) e na traseira do auditorio do IES Alfredo Brañas.

Durante a presentación Xosé Regueira declarouse “encantado” de poder contar con esta “nova fornada de talento e creatividade local”, que achegará un estilo diferente aos muros carballeses. “Derrubando muros é o recurso máis demandado polas persoas que nos visitan _destacou o concelleiro_. Hoxe mesmo chamaron de Zaragoza para poder vir ver os nosos murais na súa visita a Galicia e seguramente poderán ver tamén aos nosos artistas pintar en directo”.
Ao “potencial” da mocidade carballesa tamén se referiron Maruxa Suárez e Evencio Ferrero.

Actividades

O día 14 de agosto está previsto abrir oficialmente a programación cunha cita no palco da rúa Jacinto Amigo Lera. Así, haberá un faladoiro e coloquio arredor da arte urbana que se completa cun recital poético con aires rocanroleiros no que estarán a escritora carballesa Rosalía Fernández Rial e Mr. Kilombo.

Os obradoiros serán:

  • Obradoiro de rotulación: xoves 19 de agosto de 10.00 a 13.30 h. nun escaparate do Mercado Municipal. Para maiores de 16 anos. Aforo máximo: 8 persoas.
  • Obradoiro de pintura para a rapazada: domingo 22 de agosto de 10.00 a 13.00 h. As nenas e nenos que participen terán a oportunidade de pintar un novo mural na rúa Bos Aires coa axuda dos e das artistas. Para nenas e nenos de 6 a 11 anos. Aforo máximo: 10 participantes.

Ademais, o día 22 celebrarase unha ruta guiada polas novas obras de arte urbana e unha cita sorpresa xa cara á noitiña.

Artigos relacionados

Novas do Rexenera

Comentarios