Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Carballo convírtese no referente en arte urbana co Rexenera Fest

Carballo convírtese no referente en arte urbana co Rexenera Fest

O Rexenera Fest rematou cun roteiro guiado pola vila de Carballo O Rexenera Fest rematou cun roteiro guiado pola vila de Carballo Co Rexenera Fest xa clausurado e con cincuenta murais na rúa, Carballo xa é o referente da arte urbana na Costa da Morte e, incluso, da comunidade. Mostra diso é o impacto que causou a segunda edición do festival de arte urbana entre os propios veciños e veciñas da vila e da contorna. Murais da segunda edicion do Rexenera Fest de Carballo Murais da segunda edición do Rexenera Fest de Carballo Ao longo de toda a semana - do 30 de maio ao 5 de xuño -, mentras os cinco artistas que participaron no encontro lle iban dando cor a cinco grandes muros da vila, foron moitos os viandantes os que seguiron con grande espectación o curso dos traballos. Así o deixaron constar nas redes sociais; xa que foron moitos os que ao longo da semana subiron ao seu perfil unha imaxe dos muros. O sabado celebraronse microponencias e unha mesa redonda O sábado celebraronse microponencias e unha mesa redonda A actividade non cesou durante a fin de semana con microponecias e unha mesa redonda na que estiveron presentes Lara Seixo, representantes de Derrumbando Muros con Pintura, DesOrdes Creativas e representantes do festival Asalto de Zaragoza. Alí presentaronse proxectos tan peculiares como o Lata65, de Lara Seixo, desenvolvido en Lisboa e no que se involucra á terceira idade para desenvolver actividades de arte urbana. Un dos obxectivos do Rexenera Fest e entrar no circuito internacional de arte urbana Un dos obxectivos do Rexenera Fest é entrar no circuito internacional de arte urbana O desexo da organización, que corre a cago do concello de Carballo, é consolidadr o festival e colocar Carballo dentro do circuito internacional da arte urbana.  

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios