Venres. 19.04.2024
El tiempo

“O Rexenera Fest fai Carballo máis camiñable e agradable de pasear”

Graffitis do Rexenera Fest Carballo 2021
5 dos 6 graffitis que quedan en Carballo tralo Rexenera Fest 2021
“O Rexenera Fest fai Carballo máis camiñable e agradable de pasear”

A arte está cambiando Carballo. Así se debulla da nova edición do Rexenera Fest, ese festival enmarcado no proxecto Derrubando Muros con Pintura, que está convertindo Carballo nun modelo de humanización da paisaxe urbana. Nesta 7ª edición do festival, que nacía en 2015, foron 6 novos murais de gran formato os que pasan a formar parte do museo a ceo aberto no que se ten convertido a capital de Bergantiños.

Un cambio radical da percepción da vila a que se ten dende fóra, pero tamén dende dentro, como puideron comprobar os propi@s artistas, que recibiron o cariño, e a boa sintonía da veciñanza. “A xente entendía como que a vida de Carballo tiña pouco que aportar a quen pasea, e agora é todo o contraro, o resultado de tantos anos de traballo convirte a arte urbana nun foco de atracción turística importante”, explica Maite Parga, de Turismo Carballo.

Son máis 40 os murais feitos durante as 7 edicións do festival, sumando un total de 90 dentro de #DerrubandoMuros, onde se van facendo murais, cando se pode, con artistas locais e de Galicia. “Dende que en 2015 ampliamos o proxecto creando o Festival, notamos que se xenera un importante foco de atracción durante eses días, porque é moi interesante ir vendo como artistas nacionais, estatais e internacionais van resolvendo, cada un coas súas técnicas, as súas obras”, explica.

Pero todo “o proceso humanizador hai que enmarcalo tamén no traballo que fan outras áreas”, lembra Maite, falando en clave de reurbanización das rúas, peonización, embelecemento dos espazos públicos… “facendo Carballo máis camiñable e agradable de pasear”.

A edición do festival foi todo un éxito. Foron arredor de 900 as persoas que participaron nas visitas guiadas vendo os procesos de pintado. Mesmo houbo grupos escolares que se interesaron en aprender participar.

Ademais, os artistas (Marta Lapeña (Madrid), Mou de Mutante Creativo (o de Ordes, unha referencia no país, xa é parte da paisaxe carballesa), Franco Fasoli (Arxentina), Ana Langeheldt (Sevilla), Arantxa Recio ou Harsa Pati (Aragón), e Iván Floro ou Vann_Vuu (Barcelona)) disfrutaron do bo ambiente e a boa acollida das xentes carballeses. Este ano fixeron propostas bastante interesantes, “que dan que falar”, sinala Maite, e a veciñanza fica espectante para entender detalles como o de de Iván Floro, esa tatuaxe tribal que rompe coa estética pictórica clásica do seu mural.

Queda pendente que remate Mou, que tardou uns días en empezar, e que rematará en breve a súa proposta.

Encontros nas alturas

Tamén podedes ver estas interesantes conversas coas artistas:

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

A post shared by rexenerafest (@rexenerafest)

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

A post shared by rexenerafest (@rexenerafest)

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

A post shared by rexenerafest (@rexenerafest)

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

A post shared by rexenerafest (@rexenerafest)

&Nbsp;

Artigos relacionados

Novas do Rexenera

Comentarios