Declara no Xulgado un responsable da Xunta por un posible delito ecolóxico en Monte Neme

07:35 29/10/21
Non se trata da desfeita de 2014 (a denuncia pola rotura da balsa chegou demasiado tarde ás depedencias xudiciais), se non que a Fiscalía, a raíz dunha demanda de Petón do Lobo, está investigando un posible delito ecolóxico na mina de Monte Neme.
O Xulgado de carballo estudia a posible contaminación por verteduras de drenaxes ácidas con altas cantidade de metais pesados. A quen lle tocaba pasar polo Xulgado onte foi un ex alto cargo da Xunta, Juan José Iglesias, que no momento era o xefe de srevizo de Enerxía e Minas.
Novas relacionadas
- Marzo 2020: Piden á Xunta a restauración integral da explotación mineira do Monte Neme.
- 2019: O Monte Neme galego, estrella na rede.
- 2015: Un ano da desfeita do Monte Neme.
- 21-04-14: A Xunta confirma a toxicidade das augas do Monte Neme.
- 11-03-14: Valorados en 140.758€ os danos provocados pola rotura da balsa do monte Neme.
- 12-02-14: A Xunta considera controlada a situación no Monte Neme.
- 11-02-14: A Costa da Morte sofre un pequeno Aznalcóllar.