A Xunta considera controlada a situación no Monte Neme

15:01 12/02/14

Responsabilidades. Unha empresa en concurso de acreedores
A responsabilidade sobre o accidente é da empresa concesionaria, que nestes momentos non está a explotar a mina e que se atopa en concurso de acreedores. Pese a todo, os administradores concursais parece ser que lle confirmaron á Xunta a posta en marcha das medidas para levar a cabo o proxecto de peche e abandono das instalacións en condicións de seguridade para o medioambiente e os veciños. Os concellos afectados procederán á realización dun inventario de danos orixinados para solicitar a reparación dos mesmos. Mentras que a Xunta e os alcaldes avaliaban sobre o terreo, reabriuse de novo o debate, a pregunta que se lía hoxe nas redes era: ¿esto podería pasar tamén coas balsas de auga tóxica da hipotética mina de Corcoesto? Tamén o autor da foto que acompaña esta nova publicaba en Twitter (@bely_beln) a súa preocupación pola composición da auga de cor verdoso que se pode ver na imaxe das balsas do Monte Neme.Novas relacionadas
- 11-02-14: A Costa da Morte sofre un pequeno Aznalcóllar.
- Unha camiñada para coñecer in situ o proxecto da mina de Corcoesto.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).