Martes. 08.10.2024
El tiempo

Os delincuentes informáticos utilizaron un virus ramsomware para o ciberataque ao Concello de Carballo

Os delincuentes informáticos utilizaron un virus ramsomware para o ciberataque ao Concello de Carballo

Un virus ramsomware foi a vía utilizada polos delincuentes informáticos para perpetrar o ciberataque ao Concello de Carballo na madrugada do mércores.

Os técnicos levan varios días traballando arreo pero semella que polo menos tardara unha semana en recuperarse a normalidade.

Se ao longo do xoves se puido habilitar un equipo para o padrón municipal e outro para o rexistro na xornada do xoves, o venres xa empezaron a funcionar outros sete postos que permiten seguir ampliando os servizos de atención ao público (entre eles o sorteo das mesas electorais que se celebrarán no pleno do martes 2 de maio ás 14:900h), e a partir do martes seguiranse instalando novos equipos nos diferentes departamentos.

A empresa encargada da copia de seguridade confirmou que puido recuperarse toda a información existente ata as 10.00 horas do día 25.

Novas relacionadas

Comentarios