Venres. 26.04.2024
El tiempo

Detido un carballés como presunto autor dun apuñalamento nun parking de Coristanco

Detido un carballés como presunto autor dun apuñalamento nun parking de Coristanco
Parking do Carredour de Coristanco Os feitos tiveron lugar no parking do Carredour de Coristanco

O pasado 26 de setembro, o parking dun centro comercial de Coristanco foi testemuña dunha rifa por motivos de tráfico que derivou nunha pelexa entre dous carballeses. Unha liorta que remataba cunha persoa acoteilada, deitada no chan e tendo que ser auxiliado nun primeiro momento por un vixiante de seguridade que lle taponou a ferida a obxecto de que non seguise perdendo sangue.

A vítima sufríu unha ferida na nádega que precisou dous días de hospitalización. O autor abandonara o lgar no seu vehículo, abrindo a Garda Civil unha investigación.

Despois de varias semanas, a Garda Civil de Carballo detiña onte a un varón duns 50 anos sen antecedentes policiais,, posible autor dos feitos. Despois de pasar polo Xulgado, o detido quedou en liberdade con cargos.

Comentarios