Martes. 23.04.2024
El tiempo

As obras das rúas Tarragoña e Baños Vellos avanza

17112021 obras_banhos_vellos (2)
Obras en Bañoas Vellos
As obras das rúas Tarragoña e Baños Vellos avanza

Pechadas ao tráfico atópanse varias rúas carballesas por mor das obras. Obras que xa afrontan a fase final no caso da rúa Tarragoña, despois do derrrubo dunha edificación que estaba fóra do PXOM e que foi cedida pola propiedade. Agora, xa coa rede de abastecemento nova, e a de saneamento renovada, estanse rematando as beirarrúas e practicamente só quedan pendentes a pavimentación do carril de circulación, a plantación de árbores e a instalación de mobiliario urbano.

Queda máis choio nas obras na contorna do Balneario de Baños Vellos, que só levan un mes de traballos. As rúas Ourense e Baños Vellos verán renovadas as súas infraestruturas e serán de plataforma única.

A seguinte obra nesta zona será a reurbanización da rúa Pontevedra, xa adxudicada e que se acometerá de seguido, e das rúas Estrela, Lugo e Chile, que xa teñen orzamento e contrataranse nos vindeiros meses. O investimento total nese ámbito achégase aos 700.000 euros.
 

Comentarios