Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Dous bañitas tiveron que ser rescatados no mar da praia de Razo

Helicoptero en Razo
Dous bañitas tiveron que ser rescatados no mar da praia de Razo

Dous bañistas tiveron que ser rescatados polos socorristas esta pasada tarde de xoves 13 de xullo na praia de Razo, en Carballo.

O primeiro dos sucesos tivo lugar ás 18,30 horas, cando un particular contactou co 112 para pedir axuda e indicou que estaba na praia, cara á zona de Baldaio, e vía como unha persoa pedía axuda desde a auga.
No transcurso da comunicación, outro alertante informaba de que un home pedía axuda na praia, entre Baldaio e Razo, a uns 500 metros da area.

Ante iso, o 112 contactou cos socorristas do areal, cos efectivos de Protección Civil e coa Garda Civil, ademais de pór os feitos en coñecemento dos servizos sanitarios. Tamén se informou ao persoal de Salvamento e ao Servizo de Garda Costas de Galicia, así como á Policía Local.

Os socorristas tiveron que multiplicarse e tras rescatar a unha das persoas, que estaba insconsciente, e a atendían no posto, tiñan que sacar a outra da auga.

O primeiro bañista foi trasladado en ambulancia mentres que a segunda tivo que se evacuada no helicóptero medicalizado de Santiago, que aparcou na pista que hai ao carón do campo de fútbol.

Comentarios