Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A electrolinera de Carballo duplica o seu uso

ELECTROLINERA carballo
A electrolinera de Carballo duplica o seu uso

Este venres 9 de setembro, celébrase o Día Mundial do Vehículo Eléctrico, recordando que rn 2050 está previsto que os vehículos eléctricos sexan o medio de transporte de uso masivo no mundo. Unha data que coincide co aniversario da electrolinera municipal de Carballo, instalado en setembro de 2019.

Coa pandemia, entre 2019 e 2020 só se rexistrarib 48 cargas, pero en 2021, foron 140 recargas, as que se realizaron.

As cifras pegan un salto este ano, con 167 recargas rexistradas ata este 31 de agosto, nos dous puntos de recarga instalados na rúa Arcebispo Romero de Lema, na zona do Parque Rego da Balsa.

Para activar o servizo poden utilizarse dous sistemas, ou ben unha tarxeta da compañía Ibil válida para todo o territorio nacional ou ben a través da APP da empresa no teléfono móbil.

Tamén a Comunidade de propietarios do polígono industrial de Bértoa vai instalar un novo punto de recarga na rúa do Cobre.

Novas relacionadas

Comentarios