Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A electrolinera municipal de Carballo cumple o seu segundo ano triplicando o seu uso

ELECTROLINERA Carballo
A electrolinera municipal de Carballo cumple o seu segundo ano triplicando o seu uso

O 9 de setembro foi o Día Mundial do Vehículo Eléctrico. E malia que mesmo dende a Costa da Morte aseguran que en 2025, máis do 50% dos vehículos serán electrificados, na comarca aínda queda moito por percorrer. Certo é que xa hai iniciativas como o servizo “carsharing” do Semáfoto de Fisterra, ou algunha aposta municipal por intentar adaptarse á nova realidade.

Como o caso de Carballo, que fai balance dos dous anos que cumple o punto de recarga que ten instalados rúa Arcebispo Romero de Lema. Un punto que rexistrou un aumento considerable, pois se ata comezos deste 2021 só se rexistraran 50 usos (en parte por mor da pandemia, claro). Porén, en 2021 van xa 138 recargas, o que supón practicamente unha cada dous días, cun consumo medio de 7,85 kWh e un total de enerxía recargada de 1,09 MWh, segundo os datos facilitados pola empresa xestora.

Lembran dende Carballo que no ano 2050 está previsto que os vehículos eléctricos sexan o medio de transporte de uso masivo no mundo.

Os dous puntos de recarga instalados na rúa Arcebispo Romero de Lema, na zona do Parque Rego da Balsa, forman parte das medidas impulsadas dende o Concello de Carballo para fomentar unha mobilidade sostible. Dispoñen de conectores estándar na Unión Europea para todo tipo de coches e o subministro é 100% de orixe renovable. Para activar o servizo poden utilizarse dous sistemas, ou ben unha tarxeta da compañía Ibil válida para todo o territorio nacional ou ben a través da APP da empresa no teléfono móbil.

Novas relacionadas

Comentarios