Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Entran en servizo seis novas áreas de estacionamento gratuíto no centro de Carballo

Entran en servizo seis novas áreas de estacionamento gratuíto no centro de Carballo
aparcamento-carballo-pazo-da-cultura Na zona do pazo da Cultura habilitáronse 41 novas prazas de aparcamento gratuíto Coincidindo coa celebración do mercado semanal, hoxe entrarán en servizo as seis novas áreas de estacionamento gratuíto acondicionadas polo concello de Carballo. En total serán 133 prazas distribuídas entre as contornas do Rego da Balsa, o Pazo da Cultura e o CEIP A Cristina, tres zonas moi frecuentadas, dado que albergan edificios e servizos públicos. Con estas incorporacións, o casco urbano de Carballo supera as 2.000 prazas de aparcamento de balde, e a gran maioría están a non máis de cinco minutos a pé da praza do Concello. Neste caso as obras foron executadas pola empresa construcciones Dámaso Ferreiro en menos de tres semanas e cun orzamento de 22.979,99 euros. Os traballos consistiron na retirada de terra, a cementación, a realización dunha base de zahorra e o remate en superficie con zahorra para as zonas de estacionamento e gravilla para as de circulación. As 6 novas áreas de estacionamento correspóndense con outros tantos solares cedidos provisionalmente pola propiedade mediante o sistema de comodato, que permite a utilización pública dos terreos a cambio da exención de impostos. O modelo está a dar moi bos resultados, e dende a concellaría de Obras e Servizos continuaranse a tramitar posibles cesións noutros puntos do casco urbano. O aparcamento próximo ao pazo da Cultura ten capacidade para 41 vehículos. No mesmo ámbito urbano, para dar servizo tamén aos usuarios e usuarias do CEIP A Cristina e a estación de autobuses, hai outro espazo de aparcamento para 14 automóbiles. As outras catro parcelas sitúanse na contorna do Rego da Balsa, na que xa contamos coa bolsa de aparcamentos gratuítos máis grande do casco urbano, cunhas 700 prazas en total. Novas relacionadas Fonte

Comentarios