Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O Entroido carballés bótase á rúa

Programa Entroido Carballo 2024 cartel
O Entroido carballés bótase á rúa

Tardou o Concello de Carballo en presentar o seu programa de Entroido. Pero é que menudo programa, con 6 días completísimos de troula, intentando crear un ambiente festivo na rúa (charangas, desfiles e concurso de disfraces, actividades para cativos na biblioteca, bailes ao aire libre, enterro da sardiña,…).

Xa o venres 9 arrina a festa cun pasarrúas de Batukada a partir das 20:00h.

O sábado 10 comeza na Milagrosa, coa festa do Renacemento do Chorón, coa simpática procesión a partir das 18:00. O sábnado tamén hai eventos en Sísamo, e coa máxica Ruada e Corrida de Antrodo da Escola do Alpendre en Oza.

O gran Concurso

O domingo, 11 de febreiro a partir das 18:00 h. terá lugar o gran Concurso e Desfile de Comparsas, Carrozas e Disfraces, a actividade máis emblemática do Entroido e un dos desfiles de máis tradición da comarca e cunha maior dotación económica.
Nesta edición, presentada pola actriz e narradora Bea Campos, a contía dos premios do concurso é de dos 9.215 €.
A inscrición poderá realizarse nas oficinas de Cultura do Pazo da Cultura, no caso de comparsas e carrozas ata o 9 de febreiro e a no do resto das categorías ata 1 hora antes do mesmo día do desfile, 11 de febreiro, nese caso na Praza do Concello.

Enterro da Sardiña

O peche do programa realizarase o martes 13 de febreiro co Enterro da Sardiña, unha actividade que se vai consolidando cada ano e ao que convidamos a sumarse a todos os veciños. Este ano a compañía Galeatro será a encargada da coordinación desta actividade de animación e teatro, que levarán a cabo co alumnado do Obradoiro de Teatro do Concello e co dos grupos de Teatro da Asociación Vagalume, e estarán acompañados da Charanga Santa Compaña, que animará unhas horas antes as rúas de Carballo e acompañará a comitiva fúnebre da sardiña que sairá da Praza do Concello a partir das 19.00 h da noite.

Actividades infantís

Haberá diversas actividades para os nenos e nenas durante este período de entroido, como a Festa Infantil do luns 12 de febreiro a partir das 17:30 na Praza do Concello, con música e animación.

Ademais, hai varios obradoiros, e tamén haberá outros eventos organizados por Asociacións como a Comisión Festas Milagrosa, a A V Santiago Apóstol, a AC Escola do Alprende, a Asociación Xuvenil Arme de Verdillo, o IES Alfredo Brañas, a AC San Campio de Cances, a Av Sofán e a AV Sta. María de Ardaña.

Programa Entroido Carballo 2024 cartel 2

Comentarios