Ferida unha muller de 72 anos tras ser atropelada por unha bicicleta en Cances

13:15 18/02/21
Unha muller de 72 anos permanece ingresada en estado grave no Hospital tras ser atropelada por unha bicicleta nunha pista do Monte Neme, en Vilariño, Cances, Carballo. O atropelo acontecía o pasado martes, arredor das 17:00h, e era o propio ciclista o que alertaba ao 112 do accidente. Ao parecer baixaba por unha pista ao carón do campo de fútbol de Cances e tras unha “curva pechada” batía ca muller.
Ademais do persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazou unha ambulancia ata o lugar, foron informados os axentes de Tráfico, da Policía Local, os Bombeiros de Bergantiños e os efectivos de Protección Civil da localidade.