Tres feridos tras un incendio no alpendre dunha vivenda en Bértoa

12:07 12/10/20
Esta pasada fin de semana, tres persoas tiveron que ser evacuadas por diversas queimaduras tras terse declarado un incendio rexistrado no alpendre anexo á súa vivenda, no lugar de Requeixo, na parroquia de Bértoa, en Carballo.
Eran as 2:00h da madrugada cando deron a alerta, ao decatárense de que a lareira do alpendre estaba prendendo.
Tras recibir o aviso, os xestores do 112 informaron da situación aos profesionais sanitarios, ao Bombeiros de Carballo e aos axentes da Garda Civil, a Policía Local e ao servizo de Protección Civil da localidade.