O Festival Sereas e Piratas volverá encher de música a praia de Razo
A Axenda Sonora da Costa da Morte continúa recuperando a súa forza. Outro dos festivais que volve ser unha realidade é o mítico Sereas e Piratas, que 6 anos despois da súa última edición, volve da man de Manu Nogueira.
Foron 12 anos, entre 2006 e 2016, durante os que o festival se asentou como unha das propostas lúdicas, musiqueiras e deportivas máis divertidas da provincia, entrando de cheo no circuito de festivaleiros e surfeiros de toda a península.
Un festival que marcou a toda unha xeración de xóvenes (e non tan xóvenes) que bailaban ao son de Novedades Carminha, Los Punsetes, Joe Crepúsculo ou Aerolíneas Federales ata que salía o sol na praia.
Pasaron moitos solpores dende aquel xullo de 2016, pero estes 29 e 30 de xullo, volveremos disfrutar da música nun enclave sen parangón.
Novas da Axenda Festivaleira da Costa da Morte
- Chega a VI edición do Fisterra Blues Experience, “un festival único”.
- O Festival das Carrilanas e o Castelo Rock xa contan as horas co cartel ao completo.
- “Unha Carballeira para tod@s”.
- O Orballo Cultural volve arrincar o verán en Carnota.
- Dous escenarios para o Rockin’Carballo.