Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Festival das Carrilanas e o Castelo Rock xa contan as horas co cartel ao completo

Carteis Festivais do Castelo Rock e Carrilanas 2022
O Festival das Carrilanas e o Castelo Rock xa contan as horas co cartel ao completo

Muros ponse de troula musiqueira, poñendo o foco no ecuador do verán. As fins de semana do 15, 16 e 17, e do 22 e 23 de xullo de 2022, dous dos festivais máis importantes da comarca desenvolveranse no concello sureño. Primeiro será o Festival das Carrilanas de Esteiro, un dos festivais con entrada gratuíta máis potentes de Galicia. Sen tempo a dixerilo, chegará unha semana despois do Festival Castelo Rock, a cita rockeira máis importante da Costa da Morte.

Festival das Carrilanas

As Carrilanas son moito máis que un festival de música pero sen dúbida é un dos grandes reclamos para achegarse a Esteiro. Co acceso gratuito, o Recinto do Artón encherase durante dúas xornadas nocturnas (15 e 16 de xullo) e dúas en sesión mediodía (16 e 17 de xullo).

A cita será unha reinvindicación do talento galego, con grandes artistas consagrados como Xoel López, o cabeza de cartel; os eternos Herdeiros da Crus, na súa Xira 30 aniversario; a combativa Sés ou Terbutalina (os muradáns presentan o seu novo traballo "Costa Abaixo" que inclúe un videoxogo de Carrilanas).

Pero tamén chegan bandas emerxentes que están rompendo dende Galicia para o todo o planeta, como o directivo directo de Ortiga, ou as frescas guitarras dos tamén muradáns The Rapants, a banda do momento en Galicia. Ademais, A Banda da Loba estrea traballo "Xabón de Lagarta" e os tamén locais Capital Voskov completan os artistas de primeiro galego.

Pero tamén haberá música da península. Desde Cataluña volven ao festival Itaca Band con novo disco "Mil tormentas y un sol" e un directo espectacular. Desde Madrid veñen os Venturi, co seu novo disco.

Trátase do cartel máis ambicioso da historia do festival e que non podería realizarse sen o apoio de Vibra Mahou, a plataforma musical de Mahou Cinco Estrellas que xera encontros ao redor do directo, o Concello de Muros, Cultura de Deputación de A Coruña e Xunta de Galicia.

Festival Castelo Rock

Xa na penúltima fin de semana de xullo terá lugar na vila de Muros a cita anual que organiza a A.C.R.D Praia do Castelo: O Festival Castelo Rock. Os rapaces que conforman a asociación levan tempo traballando arreo para poder sacar adiante, unha vez máis, a XVIII edición do festival que fará da Vila Muradá o epicentro do rock nacional.

Xa sabiamos da presencia dos Skinred, Landmvrks, El Drogas, Toundra, Lendakaris Muertos, Aphonic, Hamlet e Lisdexia. A estes súmanse o mellor directo do trash metal estatal actual: “Crisix”.
Tamén estará o dúo formado por Anxela e Violeta, “Bala” unha das bandas máis prometodoras e con máis proxección do circuito.

En clave galega teremos e o trío lucense xa ben coñecido no panorama metaleiro, “Arrythmia” presentando “Espertei” na praia do Castelo. Os “Battosai” estarán no recinto da praia do Castelo, o grupo galego formado por Héctor Ojea, Roque Sampedro e Nolo, estes namorados da música dos 90 e a súa fascinación polo rock alternativo estrán presentando o seu traballo Battosai nesta esdición.

E a banda muradá Deleiba porá o acento muradá ao festi, xunto os “Monoulious Dop”, outros da casa. “Mileth”, a banda galega de folk metal e pagan metal estarán presentes dando a coñecer o seu traballo “Catro pregarias no albor da lúa morta”. E a Mekanika Rolling Band repite co seu pasarrúas-

Os máis pequenosdisfrutarán co “Cé Orquestra Pantasma”, (Cesar Freiría), encargarase de que os máis pequenos esten entretidos, o seu traballo fíos do querer estará presente na vila.

Os abonos serán de 28€ + gastos de xestión, e é posible conseguilas nas webs www.castelorock.gal e https://www.wegow.com. A zona de acampada será completamente gratuíta e o aforo é limitado, polo que se recomenda comprar a entrada con antelación.

Máis novas de Festivais

Comentarios