Dous escenarios para o Rockin’Carballo
Imos destapando o San Xoán carballés. E mentres esperamos polo cartel oficial feito por Nerea Vilariño, unha das citas das que xa coñecemos o programa é o Rockin’Carballo.
O festival encherá de música alternantiva o 18 de xuño, nos seus dous escenarios. Pola mañá a música será no Escenario Palmeira (na famosa palmeira da Praza do Concello), dando cancha ás bandas locais. As protagonistas serán Quercus Blues Band, que contarán con Huguette e Andrés para abrir o festival.
Os carballeses serán os teloneiros de El Meister, o proxecto persoal de Javier Vielba (Arizona Baby, Corizonas)
Pola tarde, a partir das 19:30h, a música trasládase ao Escenario Rego da Balsa. Estará Cápsula, a banda nacida na escena do rock underground en Bos Aires e afincada no País Vasco. Estará Eva Ryjlen, unha desas autoras das que só hai unha por xeración. Tamén teremos a Tito Ramírez, tamén coñecido como TNT Ramírez, e un dos artistas máis controvertidos dos últimos anos na escena do rhythm and blues nacional. Non faltará The Lelli Kelly’s, unha das tres bandas galegas xunto cos herculinos de Monte Alto, Cloaca, que volverá traer ao Rockin’ o seu son garaxe.