Venres. 19.04.2024
El tiempo

Chega a VI edición do Fisterra Blues Experience, “un festival único”

Presentacion Semaforo Fisterra Blues Experience 2022
Na presentación celebrada no Semáforo de Fisterra, participaron de esquerda a dereita: Jesús Picallo, propietario do Semáforo, Xan Carlos Sar, tenente de alcalde do Concello de Fisterra. Teresa Fernández, concelleira de Cultura do Concello de Fisterra, Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, Vítor Belho, Fran e Andrés Villasenín, promotores do evento e José Luís Gómez Rego e Rodrigo Fernández Mouzo, de Estrella Galicia.
Chega a VI edición do Fisterra Blues Experience, “un festival único”

Xa está aquí. A gran cita desta fin de semana de 10 e 11 de xuño na Costa da Morte darase na fin da terra. O VI Fisterra Blues Experience trae á bisbarra os Concertos do Xacobeo 21·22, cun formato aínda máis completo.

Ata 4 escenarios estarán vivos nesta edición do festival, tendo como epicentro do campo de fútbol de Ara Solis, pero con actuacións tamén nas rúas e mesmo no mar de Fisterra, algunhas abertas e gratuitas para todos os públicos.

Durante a presentación coincidiron en que experiencias distintas como o blues a bordo, convérten o Blues Experience “nun festival único”. “Música, patrimonio, natureza, ocio e cultura convidan a unha fin de semana única”, debullaron.
Foi o tenente de alcalde de Fisterra, Kuka Sar, o que sinalou "a apertura desta cita a outros xéneros musicais, máis aló do blues, nesta edición" e a capacidade deste tipo de eventos de situar Fisterra e a Costa da Morte no circuíto cultural.

Programa

CARTAZ Fisterra Blues Experience

O cartel do FiBE 22 inclúe a un dos grupos máis emblemáticos do rock cantado en español, Ilegales, que recalan en Fisterra coa súa xira La lucha por la vida. Polo Escenario Xacobeo do campo de fútbol Ara Solis pasarán tamén o artista de Burundi, refuxiado no Reino Unido, J.P. Bimeni xunto á súa banda The Black Belts ou unha das referentes fundamentais da música en galego, a artista de Cedeira Guadi Galego así coma o grupo De Vacas co seu "Vacanal Tour". O famoso guitarrista rockabilly español, Al Dual, incluído no Salón da Fama dese xénero en Tennesse, e Adrian Costa, un dos representantes máis valorados do blues en español porán a bailar o público cos seus diferentes estilos. No FiBE 22 sonarán moito blues e rock, pero tamén soul, psicodelia, country, swing ou pop.

Ademais desa relación principal de artistas, o VI Fisterra Blues Experience celebrará actuacións musicais gratuítas na rúa para toda a familia. O sábado, a localidade converterase no Escenario Fisterra cunha sesión vermú a cargo de Mad Martin Trio, pasarrúas ao máis puro estilo Nova Orleáns da man da Low Bay Hot Band e o espectáculo Little Neno descobre... os Beatles e os Rolling Stones, que achegará estas dúas bandas míticas ás idades máis temperás.

O domingo terá lugar a xa clásica "jam no faro" desde a terraza do Semáforo de Fisterra, con entrada libre ata completar cabida, conducida pola Fisterra House Band feat. Degüello. A banda residente do festival xunto a Degüello participarán, así mesmo, no "jazz a bordo" do sábado, ao que subirán na quenda do domingo Tato & Espiño, dous grandes artistas da escena musical compostelá.

Novas relacionadas

Comentarios