Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Festival Sereas e Piratas volverá encher de música a praia de Razo

Imaxe dun Sereas e Piratas da anterior etapa
Imaxe dun Sereas e Piratas da anterior etapa
O Festival Sereas e Piratas volverá encher de música a praia de Razo

A Axenda Sonora da Costa da Morte continúa recuperando a súa forza. Outro dos festivais que volve ser unha realidade é o mítico Sereas e Piratas, que 6 anos despois da súa última edición, volve da man de Manu Nogueira.

Foron 12 anos, entre 2006 e 2016, durante os que o festival se asentou como unha das propostas lúdicas, musiqueiras e deportivas máis divertidas da provincia, entrando de cheo no circuito de festivaleiros e surfeiros de toda a península.

Un festival que marcou a toda unha xeración de xóvenes (e non tan xóvenes) que bailaban ao son de Novedades Carminha, Los Punsetes, Joe Crepúsculo ou Aerolíneas Federales ata que salía o sol na praia.

Pasaron moitos solpores dende aquel xullo de 2016, pero estes 29 e 30 de xullo, volveremos disfrutar da música nun enclave sen parangón.

Novas da Axenda Festivaleira da Costa da Morte

Comentarios