Sábado. 27.07.2024
El tiempo

O FIOT abre a inscrición para participar na VIII edición do Certame Micro-Escenas M2

20231028 Sábado 28 no FIOT32 © Vanessa Rábade 10
"O mundo derrúbase e nós tomamos chocolate", da Compañía Accidental © Vanessa Rábade
O FIOT abre a inscrición para participar na VIII edición do Certame Micro-Escenas M2

Curiosas son sempre as propostas que participan no certame Micro-Escenas M2. Obras que non deixan a ninguén inexpresivo como a realizada pola Compañía Accidental o ano pasado no pequeno local onde se vende Chocolates Mariño, que resultou gañadora.

O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo lanza xa a nova convocatoria desta iniciativa de teatro de proximidade, a primeira creada en Galicia, que busca visualizar novos formatos e experiencias escénicas, así como apoiar a compañías e creadores emerxentes.

Este ano, a organización propón novas localizacións singulares da localidade bergantiñá: un balcón do Concello de Carballo, un parque-ximnasio para maiores, un espazo cultural, os probadores dunha tenda de moda, un posto do mercado de abastos, a Fonte da Cristina, unha xoiaría, unha tenda de fotografía, un centro de mindfullness ou nun estudo de deseño gráfico

As propostas -pezas de pequeno formato, de entre 10 e 20 minutos, creadas a medida  para espazos non convencionais, cun máximo de 25 espectadores- poden presentarse  até o 23 de xuño a través do correo electrónico [email protected].

O xurado, integrado por profesionais vinculados ao sector das artes escénicas, seleccionará de 4 a 6 propostas gañadoras, que se darán a coñecer antes do día 10 de agosto e recibirán unha compensación económica de 450 euros, unha vez representadas

As obras seleccionadas neste Certame Micro-Escenas M2 serán exhibidas no FIOT entre o 5 e o 27 de outubro,  onde serán valoradas polo público asistente mediante un sistema de votacións e optarán a premios de 150€ á Mellor Interpretación e ao Mellor Espectáculo.

 

Comentarios