venres. 18.07.2025
El tiempo

Formándose para o mercado laboral

Formándose para o mercado laboral
curso-camara-comercio-carballo O Fórum de Carballo acolle un curso organanizado pola Cámara de Comercio no que participan 20 mozos e mozas Un total de 20 mozos e mozas participan estes días en Carballo nun curso organizado pola Cámara de Comercio, en colaboración co concello, e que ten como finalidade mellorar a súa empregabilidade de menores de 30 anos que estean inscritos no Ficheiro Nacional de Garantía Xuvenil, en situación de desemprego e dados de alta no PICE (Plan Integral de Cualificación e Emprego) das cámaras de comercio. A acción formativa, que se desenvolve no Fórum Carballo, abrangue tres áreas. En primeiro lugar trátase de mellorar e actualizar as técnicas de busca de emprego, que é o apartado máis teórico. Pero o curso será eminentemente práctico, con 60 horas de formación específica sobre comercio e outras tantas de cociña, que se desenvolverán nas instalacións da Escola de Hostalaría. O concelleiro de Promoción Económica do concello de Carballo - Xosé Regueira - animou as mozas e mozos a “aproveitar o curso” de cara á consecución do obxectivo final, que é a integración laboral, e destacou que as instalacións do Fórum Carballo están dispoñibles para todo tipo de actividades relacionadas coa formación e o emprego. Nese sentido, o alcalde carballés - Evencio Ferrero - agradeceu á Cámara de Comercio que utilice o edificio para programar formación, e manifestou a súa esperanza de que tanto este curso, como o resto das accións formativas que se desenvolven no Fórum, contribúan á mellora das capacidades dos e das participantes e, en consecuencia, á súa inserción no mercado do traballo. Evencio Ferrero convidounos tamén a facer chegar ao Concello de Carballo as súas propostas en materia de formación. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carballo

Comentarios