Luns. 14.10.2024
El tiempo

O Fórum Carballo compra novos equipos para o vindeiro curso de Soldadura de novembro

SOLDADURA FORUM 2022-5 simulador-Carballo
O Fórum Carballo compra novos equipos para o vindeiro curso de Soldadura de novembro

En novembro arrincará un novo curso de soldadura con electrodo revestido e TIG con 15 prazas no Centro Municipal de Formación. E o Concello de Carballo prepárase comprando novos equipos, e reafirmando o centro como un espazo pioneiro en Galicia, o primeiro centro galego en utilizar simuladores con realidade aumentada e tamén o primeiro en incorporar un innovador equipo de soldadura que funciona con auga destilada.

Para o curso 2022-23 hai aprobadas dúas accións formativas de soldadura. A primeira, de soldadura con electrodo revestido e TIG, arrincará o 17 de novembro. Nestes momentos temos en marcha o proceso de selección de alumnado. Hai 15 prazas. As solicitudes de participación poden realizarse presencialmente ou a través da Intranet do Servizo Público de Emprego de Galicia. As persoas aspirantes deben ter titulación en ESO, FP de grao medio ou competencias clave en castelán, galego e matemáticas.

O curso de soldadura con electrodo revestido e TIG constará de 758 horas de formación, incluídos un módulo de prevención de riscos laborais e os módulos transversais sobre inserción laboral, sensibilización medioambiental e igualdade de xénero. As persoas interesadas poden informarse no Fórum Carballo, ben nas oficinas municipais situadas no segundo andar ou ben na oficina de emprego da planta baixa.

Comentarios