O Forum Carballo ofrece un novo curso de soldadura
As instalacións do Fórum Carballo son un exemplo a nivel galego en formación de soldadores/as. E segue séndoo pois o Centro Municipal de Formación acolle dúas accións formativas en soldadura para es curso 2022-23. A primeira, de soldadura con electrodo revestido e TIG, arrincou o 17 de novembro pasado, e nestes momentos temos en marcha o proceso de selección de profesorado e alumnado para un curso de soldadura oxigás e MIG/MAG que arrincará a finais de mes.
Se queres acceder a unha das 15 prazas dispoñibles podes realizar a solicitude de participación presencialmente ou a través da Intranet do Servizo Público de Emprego de Galicia. As persoas aspirantes deben ter titulación en ESO, FP de grao medio ou competencias clave en castelán, galego e matemáticas.
Son 600 horas, e cómpre inscribirse no Fórum Carballo, ben nas oficinas municipais situadas no segundo andar ou ben na oficina de emprego da planta baixa.
Proceso de selección
A Bolsa de Traballo (BDT) do Concello de Carballo leva recollidos 87 currículos para participar no proceso de selección de 50 persoas para un restaurante de comida rápida de próxima implantación no parque comercial A Revolta. O luns 10 será o último día para que as persoas interesadas se acheguen ata as oficinas na BDT, no segundo andar do edificio administrativo do Fórum Carballo.