mércores. 24.12.2025
El tiempo

A Fundación Alfredo Brañas anuncio a tradución ao galego de ‘El Regionalismo’

Fundacion Alfredo Branas en Carballo 2
A Fundación Alfredo Brañas anuncio a tradución ao galego de ‘El Regionalismo’

Interesante acto o que celebrou a Fundación Alfredo Brañas no Auditorio de Carballo. O acto, titulado, ‘Conversa sobre a vida e obra de Alfredo Brañas’, contou coa participación de Juan Andrés Bayón, presidente da Fundación; Valentín García, secretario xeral da Lingua na Xunta; Belén Trigo, profesora de Dereito Privado na USC; e Rocío Carolo, profesora de Filosofía na USC. A conversa foi guiada pola secretaria do ente, Carmen Pomar.

No evento destacouse a importancia que tivo Alfredo Brañas no galeguismo, sendo un dos seus máis convencidos impulsores coa obra ‘El Regionalismo’, publicada en 1889. Valentín García destacou “a fascinación que Brañas levantou na súa época en moitos ámbitos da sociedade galega, sendo escritor, pensador, xurista, político e profesor” e, ademais, sinalou a “transcendencia” que acadou máis alá de Galicia.

Pola súa parte, a profesora Belén Trigo situou a Brañas como un inconformista que “ademais de ser egresado pola Universade de Santiago, foi secretario xeral e foi un dos que se puxeron á fronte para evitar o seu peche”. “A súa contribución transcende do xurídico”, engadiu. Mentres, Rocío Carolo expuxo que Alfredo Brañas foi un intelectual que obtivo o recoñecemento de moitos persoeiros da nosa cultura, tales como Castelao, Ramón Piñeiro ou Curros.

O encontro foi clausurado polo presidente da Fundación, Juan Andrés Bayón, onde sinalou a “importancia que ten Brañas nos nosos días onde parece que se prima máis a forma que o fondo. Foi un intelectual co que podías estar de acordo ou non, pero sempre con argumentos ben fundamentados e coa defensa dunha Galicia próspera dentro de unha España próspera”.

Unha vez finalizado este 125 cabodano de Alfredo Brañas (1859-1900), a Fundación continuará no ano 2026 a súa actividade por máis zonas da xeografía galega onde deixou unha fonda pegada. 

Fundacion Alfredo Branas en Carballo

Comentarios