sábado. 22.03.2025
El tiempo

Carballo rendeu homenaxe a Alfredo Brañas, "un dos pais do galeguismo"

Homenaxe a Alfredo Branas en Carballo
Carballo rendeu homenaxe a Alfredo Brañas, "un dos pais do galeguismo"

Emotiva homenaxe onte diante do busto da Rúa Coruña, a un dos pais do galeguismo. Todos os entes de Carballo renderon homenaxe a Alfredo Brañas, un dos persoeiros cuia alma mora no Panteón dos Galegos Ilustres, fronte a Rosalía de Castro e a carón de Castelao.

A cita, artellada dende a A.C. Lumieira, o IES Alfredo Brañas e o propio Concello carballés, serviu para conmemorar o 125º aniversario do seu pasamento na capital compostelá.

Arrincou o acto co profesor Xan Fraga, autor do díptico informativo sobre a figura do autor de “El Regionalismo”, e destacando a figura do escritor e xurista como unha máis influentes de finais do século XIX e precursor do rexionalismo galego da época. E pedindo que se institucionalice.
A xornada tivo poesía, regueifa, e comprometidos discursos de todas as cores políticas, lembrando unha figura de consenso das que fai país.

Valentin Garcia con Alfredo Branas
O Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentin García

A chuvia obrigou a trasladar ao interior da casa natal de Brañas, “co seu consentimento”, o resto do acto.
Xa a cuberto, na que é unha das tabernas históricas de Carballo, Fraga abriu a homenaxe cun percorrido polo Carballo da época de Alfredo Brañas e desvelou algúns aspectos pouco coñecidos da súa figura, como que foi “o gran promotor de que Rosalía inaugurase o que despois se chamou Panteón de Galegos Ilustres”, no que el sería o segundo e recibir sepultura, e ao que, dixo, “nunha ha de irse sen unha rosa ou un caravel para o senlleiro veciño”.

No acto destacouse especialmente a faceta literaria de Brañas coa lectura, por parte do alumnado do IES Alfredo Brañas, de varios textos do autor carballés e mesmo doutros autores coma Castelao sobre el.
“Destes poemarios podemos concluír que Alfredo Brañas foi un precursor _manifestou Evenciio Ferrero_. Agora que tanto se fala de financiamento, se se seguira o exemplo de Alfredo Brañas, Galicia sen dúbida tería moita máis capacidade económica para desenvolver un proxecto no que seríamos donos dos nosos cartos, que é algo fundamental para o desenvolvemento do país”.

homenaxe a Aflredo Branas no Mexillon

Homenaxe no Panteón

A xornada de hoxe venres contou cunha serie de actos en homenaxe polo 125 aniversario do cabodano do en Compostela. Un acto en lembranza e recoñecemento do autor, que foi celebrado no Panteón de Galegas e Galegos Ilustres, onde se depositaron os seus restos en 1906.

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado polo secretario xeral da Lingua, Valentín García, participa nos actos de homenaxe polo 125 cabodano do escritor Alfredo Brañas.

Máis novas

Comentarios