Sábado. 04.05.2024
El tiempo

O Galidoc rescata o documental Dorothe na Vila

Victorina informante do Vilar Carnota xunto a María de Fetós no documental Dorothe na vila
Victorina informante do Vilar Carnota xunto a María de Fetós no documental Dorothe na vila
O Galidoc rescata o documental Dorothe na Vila

Este sábado 11 de novembro ás 19:00h terá lugar no Casino1889 a terceira sesión do GALIDOC IV a mostra de cinema documental galego do Casino.
Proxectarase o documental finalista dos Mestre Mateo, por mellor documental e mellor montaxe, Dorothé na vila (2020) dirixido por Alejandro Gándara e Olaia Tubío, talento emerxente do cinema documental galego, que ademais contaron con Lucía Estévez na montaxe e Rubén Gasalla na fotografía.

O Dorothé na Vila é unha lungametraxe documental sobre a búsqueda das historias humanas detrás do arquivo e a obra da etnomusicóloga suiza Dorothé Schubarth que percorreu as aldeas de Galicia hai uns 40 anos.
A musicóloga suíza Dorothé Schubarth chegou a Galicia a finais dos 70 na procura dos cantos antigos que desapareceran no centro de Europa. Desta busca saíron as 300 horas de gravacións que forman o Cancioneiro Popular Galego, a maior compilación de músicas tradicionais do país. Corenta anos despois, Alejandro e Olaia comezan unha viaxe tralos pasos de Schubarth para atopar as voces que ela recolleu e descubrir as súas historias de vida.
 

Alejandro Gándara e Olaia Tubío, narradoras do documental Dorothe na vila
Alejandro Gándara e Olaia Tubío

Alejandro Gándara (dirección, produción executiva e guión): Baio, 1993. Graduado en Xornalismo pola USC e Master en Produción Audiovisual Executiva (MPXA). Foi xornalista en La Opinión de A Coruña e traballou no departamento de Non-Ficción da produtora Voz Audiovisual. Tamén foi membro creador do proxecto audiovisual Punto e Volta, que recibiu a I Bolsa Nacho Mirás do Colexio de Xornalistas de Galicia.
Olaia Tubío (cámara, produción e guión): Rois, 1994. Graduada en Xornalismo pola USC e Mestrado en Servizos Culturais pola mesma Universidade. Creadora e integrante do
proxecto Punto e Volta, traballou como redactora na Televisión de Galicia e foi xornalista cultural no Progreso de Lugo. Tamén traballou como freelance para diversas entidades como o Concello da Coruña, aCentral Folque ou a Asociación do Baile.

O programa completo do Galidoc

Programa Galidoc 2023

Máis novas

Comentarios