Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Gran Camiño estrea a chegada do Ciclo Mestre Mateo de cine galego a Carballo

o-gran-camino
O Gran Camiño estrea a chegada do Ciclo Mestre Mateo de cine galego a Carballo

Carballo volve ser o único concello da Costa da Morte incluído nos ciclos cinematográficos do país. Como acontece co ciclo Amal, o concello bergantiñán entra no circuíto de proxeccións do ciclo Mestre Mateo, que achegará o máis destacado do cinema galego actual a un total de 19 localidades da comunidade autónoma.

A proposta da Academia Galega do Audiovisual facilita o acceso da veciñanza da comarca ao cinema galego máis actual.

”O gran camiño” será a película encargada de inaugurar as proxeccións do Ciclo Mestre Mateo, iniciando así un ciclo de oito sesións que se desenvolverán con periodicidade mensual.

”O gran camiño” é un documental dirixido por Alba Prol e Raúl García que narra a súa experiencia percorrendo a pé as grandes rutas do mundo: O Pacific Crest Trail, un dos sendeiros máis extremos dos EEUU, o Camiño Inca a Machu Picchu, a ancestral ruta de Kumano Kodo en Xapón e o Camiño de Santiago europeo.
Foi Finalista dos XX Mestre Mateo na categoría de Mellor documental, e seleccionado e premiado en máis dunha vintena de certames internacionais, o filme foi recentemente recoñecido co Premio Abanca ao impulso da sostibilidade que outorga a Academia Galega do Audiovisual.

En Carballo poderemos velo o 1 de abril, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura.

Novas relacionadas

Comentarios