mércores. 30.04.2025
El tiempo

As historias das telefonistas de Carballo

Telefonistas de Carballo no Casino1889
Telefonistas de Carballo no Casino1889
As historias das telefonistas de Carballo

Emotivo o acto de recoñecemento que artellou este pasado sábado o Casino 1889 de Carballo para darlle voz a un grupo de mulleres que alá polos anos 70 traballaron como telefonistas na primeira central que a Compañía Telefónica Nacional de España tivo en Carballo ata o ano 1978. 

Un evento que tivo unha gran aceptación, e que se desenvolveu nun ambiente distentido e divertido gracias ás numerosas anécdotas que rescataron as protagonistas, Manu Balvís, Pilar Álvarez, Rosa Facal e Binucha Gonzalez.
Certo que comezaron algo tímidas, pero coa axuda de Dolo Caamaño foron soltándose e respondendo así ás atentas preguntas do público. Como era o sistema de clavixas, cantos abonados había en Carballo naqueles tempos… as mulleres foron recuperando a súa memoria, mesmo aqueles días nos que protagonizaron a primeira e única folga levada a cabo por estas valentes mulleres da capital bergantiñá nos derradeiros anos da dictadura franquista..

Todo o mundo, tanto asistentes como protagonistas, marcharon encantadas.

O Casino1889 de Carballo na charla das telefonistas

Máis novas

Comentarios