Mércores. 23.10.2024
El tiempo

O Casino1889 saca o Orgullo bergantiñán e crea un grupo de apoio ao LGBTIQA+

Xuntanza LGTBIQA Casino Carballo Orgullo
O Casino1889 saca o Orgullo bergantiñán e crea un grupo de apoio ao LGBTIQA+

O pasado venres, o Casino 1889 de Carballo celebraba cunha xuntanza/festa ía do Orgullo no Casino 1889 de Carballo. Unha cita, artellada por Silvia Merla, que tiña como especial intención “crear un espazo seguro e de apoio para todas as persoas LGBTIQA+” da comarca de Bergantiños. “Un lugar onde poidamos ser nós mesmos sen medo, onde atopemos consolo e onde as nosas voces sexan escoitadas e respectadas”, explica Merla. “Este tamén é un espazo onde loitamos contra todas as formas de discriminación, incluído o racismo. O noso movemento é un movemento de xustiza e igualdade para todes, sen excepción”, explica.

E a xornada foi o comezo dun proceso en conxunto. Simpatizantes, socios do Casino e amigos comezaron a cita coas presentacións e varias dinámicas e xogos para romper o xeo e ir coñecéndose un pouco máis. As conversas permitiron acabar creando un grupo de apoio, que formula a idea de xuntarse vez ao mes, para facer activismo e axudarse os uns aos outros.

A xuntanza baixou as luces e subiu o son da música de 3 pinchas que deixaron a súa pegada con diferentes estilos, pero co rollo queer como fío condutor, demostrando que o poder social do Casino1889 é infinito.

Comentarios