Venres. 19.04.2024
El tiempo

Idoia Cuesta compartiu a súa arte cos usuarios de Aspaber

Idoia Cuesta en Aspaber
Idoia Cuesta compartiu a súa arte cos usuarios de Aspaber

Singular obradoiro o que puideron disfrutar este pasado luns os usuarios e usuarias do Centro Aspaber. Nun obradoiro organizado por Zocas, a artesá Idoia Cuesta compartiu os seus coñecementos de cestería, o que lles permitirá ter ao Centro especial de emprego da Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños (ASPABER) un novo produto para a súa clientela conte cunha peza que aporte ós seus agasallos de pascua un valor engadido indiscutible.

Trátase do terceiro obradoiro que nace froito da sinerxia entre o pequeno comercio. Nas dúas ocasións anteriores a xerencia de ZOCAS encargoulle ó Centro o deseño e creación de dous elementos cos que se empaquetaron os agasallos de pascua que a súa clientela mercou no citado comercio local de Carballo.

Obradoiro de Cesteria en Aspaber

Obradoiro Cesteria aspaber

Novas relacionadas

Comentarios