Aspaber pediulle á Xunta máis prazas residenciais
Recibíu onte a visita dunha comitiva institucional a Asociación Aspaber. Fernando Gonzalez Abeijon, Director Xeral de Maiores e Pesoas con Discapacidade, chegou acompañado do Alcalde de Carballo Evencio Ferrero, a Concelleira de Servicios Sociais Maika Ures, o Deputado Autonómico Ruben Lorenzo e a Concelleira do Partido Popular Beatriz Neira. Foron recibidos polo presidente da asociación, Rufino Fraga, o directivo José Antonio Silván, e a directora do centro, Dolores Fernández, ademais da simpatía de todos os usuari@s.
Os representantes de Aspaber fixeron un percorrido polos diferentes Centros e Servicios e tamén fixeron a vista á nova zona recentemente creada e que vai estar adicada a aulas medioambientais, na que a Xunta de Galicia participa coa financiación do equipamento.
Foi bo momento para que o director Xeral Fernando Abeijon lle fixese chegar as necesidades que ten ASPABER en canto a demanda de prazas residenciais. Segundo explicou Dolores Fernández, a residencia actual, con 17 prazas, ten unha ocupación do 100% dende a súa apertura. Pedíronlle contar cunha nova residencia que permita engadir polo menos 30 prazas máis e atender as necesidades das familias. Fernando González explicou que por parte da Administración autonómica existe unha liña de axudas, ás que pode optar Aspaber, en réxime de concorrencia competitiva.