Inauguran un banco escultórico para disfrutar as vistas de Baldaio
O lugar de Outeiro, na parroquia de Lema, conta cun novo banco para gozar das incomparables vistas do espazo natural de Baldaio e das illas Sisargas. Un banco escultórico, realizando en colaboración coa veciñanza, nunha zona área convertida en miradoiro
O protagonista, ademais das vistas é o banco, unha peza, elaborada polo artesán Fabián Lage con parte do tronco do ciprés centenario da Praza do Concello que sucumbiu a un temporal no Nadal do 2015 (xa se fixo outra intervención), inclúe unha figura feminina de gran tamaño, homenaxe ás mulleres do litoral, representadas na zona de Baldaio polas mariscadoras. É unha muller cos ollos case pechados, símbolo do mar como nai que nos arrola coas súas ondas, desfrutando da paisaxe a través do
olfacto e do ouvido. E como terceiro elemento escultórico, ademais da figura feminina e do propio banco, atoparás un paraugas, que reforza ese simbolismo do instinto
protector das nais.