Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Lumieira volve facernos montar no Trolebús

expo trole carballo
Lumieira volve facernos montar no Trolebús

Este venres ás 19:00 horas a Asociación Cultural A Lumieira inaugura unha exposición ao aire libre sobre o Trolebús, unha vez que o pasado 15 de marzo cumpríronse 50 anos da última viaxe do trole A Coruña-Carballo despois de 21 anos de servizo. A entidade recolle o material recompilado durante décadas polo historiador Xan Fraga nesta singular mostra que estará na Praza do Concello.

A mostra consta de 10 expositores de catro caras cada un, con información escrita e fotografías, principalmente, e estará visible todo o mes de xuño.

Comentarios