Unha axitada tarde de xoves deixa catro feridos en sendos accidentes
Tarde axitada onte para os equipos de emerxencias da comarca, tendo que atender ata a 4 sucesos acontecían.
Por un lado o helicóptero de urxencias sanitarias tivo que intervir no concello de Zas para atender a un veciño.
O suceso máis grave acontecía en Cee, concretamente en Gures, onde un mozo sufría un envorco no seu tractor mentres traballaba nunha finca no medio do lugar, entrando dende a baleeira. Eran as 17:00h aproximadamente e o 112 avisou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Encamiñouse o helicóptero medicalizado pero finalmente non tivo que ser excarcerado, e puido ser ser estabilizado polos profesionais sanitarios para ser evacuado nunha ambulancia ao Hospital Virxe da Xunqueira.
Participaron ademais na operación os Bombeiros de Cee, 061, Protección Civil, Persoal do PAC de Cee e Garda Civil.
Non quedou aí a cousa. Os membros do 061 aínda se tiveron que desprazar a Tella, Ponteceso, onde un accidente de tráfico entre 2 vehículos deixaba un ferido.
Finalmente, xa ás 21:26, eran chamados de novo para un atropelo leve en San Román, A Laracha.
