Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Este luns, nova xornada de mobilizacións por Palestina

Concentracions Palestina HGalicia 13 novembro 2023
Este luns, nova xornada de mobilizacións por Palestina

Non deixa a sociedade galega de amosar a súa solidariedade co pobo palestino. Este luns, hai unha nova concentración en numerosas vilas do país, convocada pola Plataforma Galiza con Palestina, composta por diversos colectivos.

Corcubión e Carballo volverán demostrar o seu compromiso, nunhas mobilizacións apoiadas polos BNG comarcais.

O obxecto da concentración é amosar solidariedade co pobo palestino diante do acoso e derrubo que ven sufrindo desde hai décadas por parte do Estado de Israel. E nomeadamente o rexeitamento ante a agresión bélica que está a padecer a faixa de Gaza agora mesmo, dado que se está masacrando a poboación palestina nun xenocidio planificado polo Estado de Israel, contabilizándose xa máis de 10.000 persoas mortas na faixa, sendo case a metade delas crianzas, de aí a motivación da urxencia na convocatoria.

As concentracións terán lugar o luns 13 de novembro nas seguintes localidades e lugares:

  • Corcubión. Praza Castelao. Ás 19h
  • Carballo. Praza do Concello. Ás 20h

Novas relacionadas

Comentarios