Máis de 100 especialistas analizan en Carballo a sostibilidade urbana
07:08 29/09/22
O ciclo integral da auga, a xestión dos residuos, a eficiencia enerxética e a mobilidade sostible son os alicerces sobre os que xirará o Congreso Concellos 2030, que reúne en Carballo a máis de cen participantes dos ámbitos técnico, experto, universitario e político. Un evento, organizado polo concello e Gestagua, que se poderá seguirse en streaming no Facebook.
As charlas desenvolveranse os días 29 e 30 de setembro no Forum Carballo, e está aberto previa inscrición. Toda a info na web concellos2030.gal.