Venres. 29.03.2024
El tiempo

En marcha a construción dun edificio social nas Casas dos Mestres de Carballo

VIVENDAS_MESTRES_Carballo
En marcha a construción dun edificio social nas Casas dos Mestres de Carballo

A Xunta de Goberno Local aprobaba onte, de xeito inicial, o Plan especial de reforma interior (PERI) das antigas Casas dos Mestres, un documento imprescindible para poder acometer a construción dun edificio para as entidades sociais.

Previsto xa Plan Xeral de Ordenación, o expediente será sometido a información pública por un prazo de dous meses, ao tempo que se enviará notificación individual ao único titular afectado, UFD Distribución Electricidad S..

O obxectivo é a construción dun novo edificio que poida dar cabida ás entidades sociais que desenvolven a súa actividade no noso concello, facilitando e impulsando a atención ás necesidades da cidadanía. A parcela ten unha superficie de 2.575 metros cadrados. Segundo a proposta inicial, o edificio social ocupará 1.164 metros cadrados. Tamén se reservan 1.012 metros para unha praza, 390 para a regularización do viario e 9 metros cadrados para situar o centro de transformación. Ademais, prevese a posibilidade de crear un aparcamento aproveitando o desnivel do terreo.

Novas axudas

A mesma Xunta de Goberno Local deixou aprobada inicialmente tamén as bases da convocatoria anual de bolsas de axuda ao estudo para o alumnado de Educación Infantil e do CMUSXU28/03/2022. Son 160.000 euros, dos que 60.000 serán para o Bergantiños; 66.000 ao Conservatorio e 25.000 para Protección Civil.

7.494,20 euros corresponden á Agrupación Deportiva Escolar do CEIP Fogar e 1.505,80, á ANPA San Martiño do CEIP Nétoma-Razo, para financiar as escolas deportivas de base.

Novo Obradoiro

AAdemais, o Concello aprobou a petición dun novo obradoiro dual de emprego nas especialidades de cociña e atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

Comentarios