Domingo. 19.05.2019
El tiempo

As Mártires de Sofán saíron da súa penitencia silenciosa

Homenaxe ás Mártires de Sofán
Homenaxe ás Mártires de Sofán
As Mártires de Sofán saíron da súa penitencia silenciosa

16 de febreiro de 1919. O conflito entre o pobo e o poder chega a un punto de tensión insostible. A celebración o enterro dun neno de 4 anos no vello cemiterio, cando as autoridades o prohibiran e crearan un novo a pesar da contraposición da xente, acababa sendo un baño de sangue. Catro mulleres, veciñas de Sofán, convertíanse en vítimas inocentes, nun asunto que quedou no esquecemento e no silencio, ata este an.

Foi Xan Fraga Rodríguez, cronista carballés, un dos que sacou precisamente do silencio esta hisitoria no seu libro “As rúas do vento ceibe” (1979). E precisamente Fraga, foi un dos encargardos de participar nesta fermosa hoenxe que a Agrupación Cultural Lumieira, o Consello Parroquial de Sofán e o Concello de Carballo realizaron cando se cumpliron 100 anos do feito.

Así, este pasado 16 de febreiro, Carballo recordou por fin a esas Josefa Bolón Mato, María Caamaño Pallas, Carmen Veira Souto e María Serrano Paz. Foi nun acto no Centro Social de Sofán, co Himno do Antigo Reino de Galicia resoando no exterior, e a presencia de varios familiares das vítimas: José Fraga Serrano, máis coñecido coma Bastián, e Dolores Serrano Bolón.

Bastián é un dos 19 netos vivos de María Caamaño Pallas, que foi a primeira en caer pola baioneta e os disparos de fusil. Tiña sete fillos e estaba embarazada de sete meses. Era a bisavoa de Dolores Serrano, que na súa intervención encadrou as mortes “no contexto caciquil daquel momento” e chamou a atención na escasa visibilidade que tiveron aqueles sucesos ao longo destes cen anos. “A partir de agora –dixo- os meus fillos e a xente que pase por esta rúa preguntarase o motivo polo que este monólito está aquí, e será entón cando comezaremos a contar a historia que hoxe coñecemos”. Dolores Serrano expresou o seu agradecemento á Agrupación Cultural Lumieira e ao Concello de Carballo “por contribuír a visibilizar un episodio tráxico da historia da nosa parroquia”.

Ademais Fraga, que xa levaba anos denunciando o esquecendo do asunto, explicou brevemente o momento histórico no que se produciron os feitos e leu o poema dedicado por Manuel María aos levantamentos populares de Oseira, Nebra e Sofán, todos eles de principios do século XX. “Este acto fai xustiza e restaura a memoria reparadora e cumpre a vontade de Castelao para coas Mártires de Sofán”, sentenciaba.

Placa da Oleira Carme Buno naHomenaxe aos Martires de Sofan

Comentarios