Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Estudo Garabato recibe ás Mártires de Sofán

As Martires de Sofan no Estudo Garabato
O Estudo Garabato recibe ás Mártires de Sofán

Este sábado día 11 de febreiro o Estudo Garabato de Carballo inaugurarà as 20:30 horas a exposición "As Mártires de Sofán" de Verónica Ramilo.

Esta exposición é un anexo ao mural realizado no centro social da parroquia de Sofán sobre “As mártires de Sofán”. O mural foi o traballo final de estudos de Artes Plásticas e Deseño en Fotografía de Verónica Ramilo. O cal obtivo o premio en galego aos Proxectos finais 2021-2022, da EASD Pablo Picasso. 

A través de diferentes collages realizados a partir da reutilización das probas de impresión do mural e inspirados na propia temática das mártires de Sofán, a autora quere recordar unha das revoltas populares da Galiza rural de principios do século XX.  Na exposición tamén se poderá ver unha réplica do mural.

Comentarios