xoves. 15.05.2025
El tiempo

Mascotas na procura dunha familia

Mascotas na procura dunha familia
canceira-municipal-carballo Lila, Tobi, Bairon  e Corason algúns dos cans que esperan na canceira municipal de Carballo por unha familia que os acolla Que necesario é o traballo desas entidades que forman familias. Sabémolo de primeira man dende Salvacadelos, a iniciativa solidaria da Clínica Veterinaria Argos de Cee. Pero hoxe imos ao norte da vila para ver experiencias con semellantes necesidades. Ao longo dos case cinco anos de xestión da canceira municipal de Carballo - a través da empresa Servigal - realizáronse un total de 181 adopcións en menos de cinco anos. A pesar de que as cifras que se manexan son boas, Cora, Roni, Xana, Loto, Broklyn, Bairon, Tobi e Lila son algúns dos cans e cadelas que agardan nestes momentos por un fogar. O verán é unha época do ano na que soen aumentar os abandonos. Por exemplo, segundo datos facilitados pola canceira carballesa, entre os meses de xullo e agosto do ano 2014 rescartáronse das rúas un total de 44 cans. En xullo deste ano foron 8, o que, de manterse a tendencia en agosto, implicaría ademais un descenso deste tipo de prácticas, que, por outra banda, son sancionables tanto penal como administrativamente. Darlles unha segunda oportunidade a eses animais é doado e barato. Tal como establece a normativa municipal, os trámites de adopción, que inclúen xestión administrativa, vacinación e desparasitación, colocación de microchip e inscrición no Rexistro Galego de Identificacion de Animais de Compañía (Regiac), custan só 50 euros. Os interesados/as en adoptar ou en coñecer aos cans e cadelas da canceira municipal de Carballo poden visitar as instalacións os luns e os xoves, de 10 a 13 e de 16 a 19 horas. A canceira está situada no polígono industrial de Bértoa, onde comparte instalacións co Punto Limpo. Máis información Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carballo

Comentarios