Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Milagrosa rescata a Escola de Arrabaldes

92 anos despois da súa inauguración, o barrio carballés recupera un dos seus elementos arquitectónicos máis representativos
escola_arrabaldes_interior
A Milagrosa rescata a Escola de Arrabaldes

O corazón do barrio da Milagrosa volve latexar. A antiga Escola de Arrabaldes está recén reformada, e preparada para volver ser o centro de actividades que leva sendo case un século. Agora xa é o Centro Social Escola de Arrabaldes.

O arquitecto carballés Javier Caamaño Puñal recuperou o proxecto orixinal de Eduardo Rodríguez Losada, para manter a tella curva no exterior e a madeira no interior, nun proxecto no que o Concello de Carballo investiu 150.000€.

escola_arrabaldes_exterior

Comentarios