A mocidade carballesa aprende a facer humor gráfico con Mon Lendoiro e Cristina Castro
-
Última hora: En menos de 24 horas cubríronse as prazas para o obradoiro de ilustración que impartirán Cristina Castro e Mon Lendoiro na biblioteca da rúa San Xoán.

Quen sabe se o vindeiro Castelao está en Carballo. Pero por se acaso, a Concellaría de Bibliotecas organiza un taller de ilustración,
caricatura, manga e humor gráfico para maiores de 11 anos, e tamén para persoas adultas.
Mon Lendoiro e Cristina Castro, do Estudo Garabato, serán os encargados de impartir as formacións ao longo dos meses de marzo e abril,
Desenvolverase entre marzo e abril na biblio da rúa San Xoán, con sesións os sábados de 10:00h a 13:30h. Xa está aberto o prazo de inscrición no 981 704 041 ou en [email protected].
Este é o programa:
2 de marzo: A ilustración
9 de marzo: A caricatura
16 de marzo: O collage
23 de marzo: O humor gráfico
30 de marzo: A ilustración infantil
6 de abril: Construíndo personaxes
13 de abril: O cómic europeo e o manga
20 de abril: A caricatura dixital. Entrega de diplomas
Máis novas